O paso dos socialistas pola Capela quedará patente na historia do Concello por "feitos". Levamos moitos anos traballando para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, e facer da Capela un pobo moderno, dotado das infraestructuras e servizos que a sociedade actual demanda, pero conservando unha identidade rural e un xeito de vida baseado no contacto coa natureza e na relación entre veciños. Algúns destes "feitos" reflexamolos a continuación; pero tamén somos conscentes de que non está todo feito, e por eso queremos continuar traballando con ilusión , caras novas e novas maneiras de facer as cousas.
O goberno socialisa da Capela creou a Escola de música municipal, no ano 1999 co obxectivo de fomentar o gusto e o aprendizaxe da música como lenguaxe e medio de expresión entre as persoas, e fomentar o interés dos xovenes pola participación en agrupacións musicais. Dende entón pasaron pola escola centos de alumnos tanto do noso concello como doutros limitrofes cuns resultados francamente satisfactorios. Gracias á escola moitos nenos e adultos aprenderon e ainda continúan tocando algún instrumento, e xa son varios os alumnos que despois de iniciarse nela, continuaron os seus estudios profesionais no eido musical. Nos seus inicios, a escola ...
A atención aos maiores e dependentes, e en xeral, os Servizos Sociais son unha das principais bases que sosteñen a politica socialista, e asi o ven poñendo de manifesto o Concello da Capela, incrementando ano a ano os recursos tanto loxisticos como económicos destiñados á atención dos grupos de poboación menos favorecidos. Un equipo formado por unha traballadora social e seis auxiliares de axuda no fogar adican os seus esforzos durante todo o ano a facer máis levadeira a vida das persoas dependentes e as suas familias, asi como a informar e asesorar a calquera veciño que se atope en ...
Dende hai 22 anos, o goberno socialista da Capela apoia a un sector económico básico do noso Concello, o sector agrario, a través da exaltación do seu producto típico por excelencia que é o Requeixo. Durante os primeiros 15 anos o traballo foi extenuante para todos os organizadores e voluntarios que preparaban o requeixo dun xeito manual e con moi poucos recursos, pero gracias a ese esforzo e ó tesón dos productores da Capela, o Requeixo fixose unha realidade comercial e hoxe en día está presente nas principais feiras e eventos gastronómicos do estado español.
Dentro da politica medioambiental se veñen atendendo dende hai anos as zoas verdes comúns do Concello, creando areas de esparcemento e lecer para o disfrute dos veciños e visitantes. Así surxiron as areas de "Os Picos", "Fonte da Virxe", "Formariz", "Os Calzados", e máis recentemente no ano 2010, a recuperación dun area no lugar de "Martin" cun investimento de 17.000 €.
Conscentes da enorme riqueza que para A Capela supón o entorno natural no que se asenta, a depuración das augas residuais foi, e segue a ser, unha das prioridades na actuación dos gobernos socialistas que rexiron A Capela durante os últimos anos. Pese á dispersión da poboación estase a facer un gran esforzo para que todos os nucleos rurais dispoñan de estacións depuradoras que garanticen a saúde e fertilidade do noso solo.
O Patrimonio Etnográfico da Capela é riquisimo; horreos, muiños, pozos, alpendres, fontes, lavadoiros, balados, vivendas, etc. axudan a facer da Capela un punto de referencia para todos os que gustan da historia máis cercana. A reparación do lavadoiro de Vilar de Mouros e o seu entorno, a rehabilitación da escóla de Guitiriz e da casa dos lagoeiros en As Neves, refrendan o interés pola salvagarda do noso patrimonio cultural.
O Concello da Capela, fundóu no ano 2001, xunto có Colexio Mosteiro de Caaveiro, o Patronato do Museo Etnográfico da Capela, ostentando dende ese momento a presidencia da xunta directiva. Dende ese momento, o Concello colabora e patrocina económicamente a extraordinaria labor que o Patronato ven realizando para salvagardar e difundir o patrimonio etnográfico da Capela e a súa comarca. Dende a inauguración da "Casa do Pazo", no ano 2006, unha media de 2000 persoas visitan o Museo cada ano, ademáis de outros moitos interesados que acuden á Casa do Pazo para participar nalgunha das actividades que se organizan periodicamente, ...
Fruto das politicas sociais do goberno municipal socialista, o Concello da Capela, a pesar da sua escasa poboación, conta con infraestructura suficiente para garantizar o acceso de todolos veciños ao deporte e actividade fisica para todas as edades. Despois do campo de futbol, polideportivo e piscina, a máis recente incorporación foi o ximnasio municipal, no cal, durante o ano 2008 investironse máis de 20.000 € en obras de impermeabilización e pintado interior e exterior, asi como o montaxe dun "bioparque" .
A construcción e posta en servicio do Edificio de usos múltiples de As Neves, cun investimento inicial de 210.000 €, no que se integran a Biblioteca, Arquivo, Xulgado, aula de informática, etc. supuxo un hito importante na vida social da Capela, facilitando o acceso á lectura e as novas tecnoloxías aos máis xovenes e centralizando nas suas aulas a realización de cursos de informática, idiomas, manualidades, etc.
Despois de moitos anos de esforzos, nesta última lexislatura socialista consiguéuse a financiación necesaria para levar a cabo un proxecto largamente demandado. A rede de auga municipal é xa unha realidade, e os proxectos para ampliala a todolos nucleos ruraris do Concello están xa en marcha.
Pasear pola Capela, estáse a converter nunha actividade cada vez máis chamativa actuando de reclamo para que gran cantidade de persoas acudan a transitar polas rutas de sendeirismo que discurren pola serra do Forgoselo, o río Belelle ou o Parque Natural das Fragas do Eume. Dende o Concello teñense investido nesta última lexislatura perto de 100.000 € en maquinaria e sinalización para manter os sendeiros e as beirarúas en bó estado, e recuperar camiños veciñais.
A través dun plan especial da Deputación da Coruña, acometeuse unha renovación importantisima no Campo de Futbol municipal; a sustitución do cespede natural por cespede artificial, cun investimento de 324.975 €; unha reforma que agradecen en gran maneira tanto xogadores como directivos da ADC-A Capela.
A Casa da Cultura e o Centro Social de As Neves, centralizaron ata o pasado ano a actividade cultural e social de A Capela. Có traspaso da oficiña de Servicios Sociais ao Centro Social, activaronse e incrementaronse notablemente as actividades dirixidas á terceira idade, facilitadas tamén gracias á instalación dun elevador no ano 2008, cun investimento de 13.700 €, e as obras de adaptación dos locais para o acceso de persoas con mobilidade reducida, por un valor de 14.000 €; mentras que a Casa da Cultura enfocóu a súa utilización cara ás exposicións, actuacións musicais, charlas e conferencias, ao pasar ...
No actual Centro de Saúde, investironse no ano 2007 a cantidade de 21.000 € na adquisición da parcela y posterior execución dun aparcamento na parte traseira do edificio, o que facilitóu en gran medida o acceso ao Centro. Posteriormente, no ano 2008, o Concello adquiréu a parcela situada a continuación do aparcamento para a construcción do novo Centro de Saúde comprometido polo, entón goberno bipartito, da Xunta de Galicia. O custo de dita parcela foron 38.000 €. Actualmente estase á espera do comenzo das obras do novo Centro.
Dende a construcción do pavillón polideportivo municipal, continuaron as melloras en dita instalación, para cumplir da maneira máis axeitada as suas funcións. Cambióuse o piso orixinal de cemento por outro de resina, e no ano 2009, a través do Plan -E do Goberno do Estado, cambióuse a cuberta con unha inversión de 64.240 €.
A través da liña de financiación do "Plan-E", posto en marcha polo Goberno do Estado no ano 2009, melloróuse a instalación da piscina municipal coa incorporación dunha cuberta acristalada móvil que afecta claramente á mellora da temperatura da auga, facilitando polo tanto o aumento da tempada de apertura da piscina. O investimento de dita instalación foi de 159.600 €.
A comunicación interna entre a poboación do Concello, a través dos máis de 50 km. de pistas municipais foi dende sempre un dos capitulos de gastos máis importantes no presuposto municipal. O aglomerado da carretera da Central ata A Estoxa supuxo o punto de partida para a sustitución do clasico asfaltado polo mellor e máis duradeiro sistema de aglomerado. Dende entón foise aplicando esta técnica ás principais vías municipais en funcion das dispoñibilidades presupostarias. No ano 2010 investironse 127.000 € en pavimentacións das vias.